É un paraíso natural que lle invitamos a coñecer.
Nalgunhas rutas cambiará de concello, pero en todas poderá facer unha pausa ou quedar cos seus amigos e compañeros de viaxe
en calquera das numerosas cafeterías e restaurantes de noso concello.

BARBADÁS NUN DÍA
Sobrado-Bentraces-Loiro
Comezaremos o percorrido en Sobrado do Bispo visitando a Capela de San Xoán do Bispo,
situada no campo da festa, é unha pequena construción de clara orixe neogótica.
No mesmo pobo de Sobrado do Bispo podemos visitar o exterior do Convento do Colexio “Madre de Dios“,
e a uns pasos de aí a Igrexa de Santa María de Sobrado,
templo de orixe románica do século XIII, no seu interior destacan os grandes contrafortes e as ménsulas decorativas do tellado.
Na súa fachada lateral atopamos un estilo gótico con arco apuntado, coroado pola arquivolta.
Cabe destacar no seu interior un retablo de orixe barroca, construído nunha modificación do século XVII.
A continuación podemos achegarnos ata a parroquia de Bentraces e alí gozaremos paseando polo seu centro histórico,
o cal se vai recuperando aos poucos,
podemos observar as vivendas que se unen unhas a outras por enriba das rúas, a edificación do forno.
No mesmo pobo podemos ver a Igrexa de San Bieito. Un pouco máis arriba da Igrexa está o Pazo de Bentraces datado do século XV, non é visitable.
Foi residencia episcopal do Mosteiro de Celanova.
Destacan as chemineas barrocas, varios escudos e o seu impresionante xardín.
Para comer podemos parar en calquera dos establecementos de hostalería que temos no concello.
Pola tarde despois de comer é visita obrigada parar en Loiro,
percorrer as súas rúas e prazas e tamén visitar a Igrexa de San Martiño,
que foi contruida no século XII e modificada posteriormente,
a súa portada occidental presenta claras influencias da Catedral de Ourense.
A PARADA. RUTA DO TANGARAÑO. 2017
Dificultade técnica: Moderada
Distancia: 6,77 km
Tempo: 4 horas, 18 minutos
Recorrido realizado pola andaina recomendado para desfrutar das vistas e chegar ao Tangaraño.
A VALENZÁ-SAN BIEITO DE COVA DO LOBO-A VALENZÁ
Dificultade técnica: moderada
Distancia: 9,89 km
Tempo: 2 horas, 11 minutos
Saíndo desde A Valenzá con dirección ás Lamas (Parada) avistamos o penedo do Tangaraño, asentado na cima do monte fronte a san Beito de Cova do Lobo. Trátase dun enorme penedo de granito onde a auga que permanece baixo o mesmo é considerada milagrosa, á que, segundo as crenzas populares, atribúense milagres e curacións. Atravesando o bosque chegamos á capela e visitamos a cama de San Bieito, outro penedo coa forma do santo. Tras a visita, seguimos polo límite entre o noso concello e Toén, ata Barbadás, pasando por rúas medievais onde poderemos observar brasóns incrustados nas antigas casas nobres do municipio. Xa camiño dos Muíños (aldea abandonada), avistamos a súa fervenza para partir seguindo o río dos Muíños ata A Valenzá.
BARBADÁS-OS CASTROS-A PONTE
Dificultade técnica: moderada
Distancia: 31,22 km
Tempo: 1 hora, 57 minutos
Ruta con saída desde A Valenzá pasando o campo de fútbol. Subimos a Os Castros desde Barbadás, ata pasar preto da base de helicópteros, para comezar a baixada ata Toén e desde aquí cara a Alongos, pasamos por Reza, zona de Outariz (á beira da vía do tren) e por último o barrio da Ponte. Ruta moi sinxela e case que todo por pista, quitando algún pequeno carreiro e finalmente o tramo de Alongos a Reza (estrada).
Á VALENZÁ-OS CASTROS-Á VALENZÁ
Dificultade técnica: moderada
Distancia: 29,15 km
Tempo: 1 hora, 46 minutos
Desde Barbadás, collemos a pista forestal que nos leva a Sobrado do Bispo, para entrar polos montes da Vaqueriza ata O Castro. É unha forte subida cun desnivel de 300 metros, desde o comezo ata ese lugar que garda vestixios de asentamentos prerromanos. Despois, continuamos por pistas forestais, deixando ao carón Loiro, para continuar por carreiros arborizados seguindo o regato de Os Muíños, que dá bo exemplo do seu nome, xa que no seu curso poderemos atopar varias destas antigas construcións. Chegamos a O Pontón e continuamos cara a Barbadás para finalizar o circuíto na Valenzá.
Con 635 metros de altitude sobre o nivel do mar, O Castro representa un dos lugares privilexiados para contemplar unha panorámica da paixase.
Á VALENZA-O TANGARAÑO
Dificultade técnica: fácil
Distancia: 8,19 km
Tempo: 2 horas, 15 minutos
Un bonito paseo ata o penedo do Tangaraño en día con sol. O camiño esta moi ben, excepto nun anaco xunto ao arroio que ten bastante lama.
A VALENZÁ-SAN BIEITO-A VALENZÁ
Dificultade técnica: moderado
Distancia: 9,79 km
Tempo: 1 hora, 46 minutos
Saída desde A Valenzá pasando por Barbadás, As Airas, Capela de san Bieito e As Lamas, para regresar á Valenzá.
A VALENZÁ-MIRADOIRO DO MIÑO-PIÑOR
Dificultade técnica: moderada
Distancia: 12,13 km
Tempo: 3 horas, 6 minutos
Ruta sen sinalización. Nalgúns tramos non hai camiño. A subida ao miradoiro do Miño resulta bastante dura. O resto moi agradable.
RUTA POR BARBADÁS
Dificultade técnica: moderada
Distancia: 13,85 km
Tempo: 5 horas, 32 minutos
Inicio no campo de san Alberte nas Lamas (A Valenzá), As Airas, Sobrado do Bispo, Bentraces, Pontón, Barbadás, A Valenzá e para terminar de volta nas Lamas.
A VALENZÁ-BOTOUREIRA
Dificultade técnica: moderada
Distancia: 6,77 km
Tempo: 1 hora, 37 minutos
Desde A Valenzá ata A Botoureira polo Pontón.
A VALENZÁ-CELANOVA
Dificultade técnica: Moderada
Distancia: 33,85 km
Tempo: 9 horas, 26 minutos
Ruta agradable con bastante desnivel, pero accesible. Pena que os últimos quilómetros fanse pola beiravía da estrada nacional. Polo demais é preciosa.
FERVENZA DE BARBADÁS
Dificultade técnica: fácil
Distancia: 2,67 km
Paseo á fervenza xunta a unha aldea abandonada.