Localización

O Concello de Barbadás atópase no Centro-Oeste da provincia de Ourense.
Enclavado na cunca do río Miño, limita polo este cá capital, Ourense,e ten unha extensión de 30,24 km2.
De relevo pouco accidentado ubica o seu pico máis alto no sudeste, alto do Castro de 635 m.
Está bañado polos ríos como o Miño e o dos Muíños, e regatos como os de Moras e san Bieito.

Accesos por carretera

Pódese chegar empregando a  N-120 dende Ponferrada,
se ven dende Vigo ou Madrid a autovía A-52, dende Santiago de Compostela a N-525 ou a autovía AG-53
e se ven dende Portugal ou Celanova a N-540, tamén pode vir por a autovía AG-31.

mapa barbadás