IGREXA DE SANTA MARÍA DE SOBRADO DO BISPO
Templo de orixe románica do século XIII
Pequena igrexa rural. No seu exterior destacan os grandes contrafortes e as ménsulas decorativas do tellado.
Apréciase un estilo gótico na portada lateral, con arco apuntado de transición ao gótico coroado por unha arquivolta e bólas.
No seu interior destaca o precioso retablo de orixe barroca que foi construido como consecuencia dunha reedificación do século XVII.
Localización
Coordenadas: 42.286574, -7.910944Enderezo: Travesía Pontillón, 5
32890 Sobrado do Bispo