
ERMIDA DE SAN BIEITO DE COVA DO LOBO
Ermida rural das máis antigas de Galicia
Nela celébrase a Romaría de san Bieito o 11 de xullo, aínda que o día 21 de marzo ten lugar o chamado san Bieito do Inverno.< br>Tanta importancia ten a ermida como os enormes penedos de granito das proximidades, como O Tangaraño,
que o pobo venera debido ás crenzas dos seus poderes de sandar.
A edificación actual é do século XX, pero a tradición da capela vén desde a idade media.
Ten un pórtico na fachada principal, sobre el unha terraza balconada á que se accede por unha porta desde o interior.
Baixo esa cuberta está a porta de entrada adintelada, con dous ocos rectangulares nos laterais.
A planta é rectangular, e o presbiterio está máis elevado que o resto, a cuberta é a catro augas e os finais teñen pináculos nas catro esquinas.
Pola parte traseira do presbiterio ten a sancristía con planta rectangular,
que sobresae polo lado norte, con cuberta a dúas augas,
e con varios ocos nos muros ademais de porta de entrada desde o exterior.
A ermida ocupa unha situación privilexiada desde a que se pode ver o val.