A VALENZÁ-SAN BENITO DE COVA DE LOBO-A VALENZÁ


Dificultade técnica: Moderada

Distancia: 9,89 km

Tempo: 2 horas, 11 minutos

Saíndo desde A Valenzá con dirección As Lamas (Parada) avistamos a Roca do Tangaraño, asentada na cima do monte fronte ao Santuario de San Bieto. Trátase dun enorme bolo granítico onde brota unha auga milagrosa á que, segundo as crenzas populares, atribúense milagres e curacións. Atravesando o bosque chegamos á capela e visitamos a cama de San Benito, outra roca coa forma do santo. Tras a visita, seguimos polo límite entre o noso concello e Toén, ata Barbadás, pasando por rúas medievais onde poderemos observar brasóns incrustados nas antigas casas nobres do municipio. Xa camiño de Vos Muíños (aldea abandonada), avistamos a súa fervenza para partir seguindo o regacho Barbañica ou dos Muíños ata A Valenzá.


VER MÁS
Powered by Wikiloc
Powered by Wikiloc

BARBADÁS-OS CASTROS-A PONTE


Dificultade técnica: Moderada

Distancia: 31,22 km

Tempo 1 hora, 57 minutos

Ruta rodadora con saída desde Barbadás, pasando o campo de fútbol. Subimos aos Castros desde Barbadás, ata pasar preto da base de helicópteros, para xa comezar a baixada ata Toén e desde aquí cara a Alongos, pasamos por Reza, zona de Outariz (por á beira da vía do tren) e por último A Ponche. Ruta moi sinxela e practicamente todo por pista, quintando algún pequeno carreiro e por último, o tramo de Alongos a Reza (estrada).


VER MÁS

Á VALENZÁ - OS CASTROS -Á VALENZÁ


Dificultade técnica: Moderado

Distancia: 29,15 km

Tempo 1 hora, 46 minutos

Dende Barbadás, collemos a pista forestal que nos leva ata Sobrado do Bispo, para entrar polos montes da Vaqueriza ata os Castros. Unha forte subida dun desnivel de 300 metros, dende o comezo ata ese lugar que garda vestixios de asentamentos prerromanos. Despois, continuamos por pistas forestais, deixando a un lado Loiro, para continuar por sendeiros arborados seguindo o regato dos Muíños, que da bo exemplo do seu nome, xa que no seu curso poderemos atopar varias destas antigas construccións. Chegando ó Pontón remataremos o percorrido en Barbadás, dando por completado o circuito. Con 635 metros de altitude sobre o nivel do mar, os Castros representa un dos lugares privilexiados para contemplar unha ampla perspectiva.


VER MÁS
Powered by Wikiloc
Powered by Wikiloc

A VALENZÁ-O TANGARAÑO


Dificultade técnica: Fácil

Distancia: 8,19 km

Tempo: 2 horas, 15 minutos

Un bonito paseo ata o penedo de "O Tangaraño" en día soleado. O camiño moi ben excepto nun anaco xunto ao arroio que está bastante embarrado.


VER MÁS

A VALENZÁ-SAN BIEITO-A VALENZÁ


Dificultade técnica: Moderado

Distancia: 9,79 km

Tempo: 1 hora, 46 minutos

Saida dende Á Valenzá pasando por Barbadás, As Airas, Capela de San Bieito e As Lamas, para voltar A Valenzá.


VER MÁS
Powered by Wikiloc
Powered by Wikiloc

A VALENZÁ-MIRADOR DEL MIÑO-PIÑOR


Dificultade técnica: Moderado

Distancia: 12,13 km

Tempo: 3 horas, 6 minutos

Ruta sen señalización. Nalgúns tramos non hai nin camiño. A subida ao miradoiro do Miño faise bastante dura. O resto moi agradable. Ultímaa parte por estrada non é aconsellable. Non hai beirarrúas. Púxenme morao a comer froitos dos madroños. Moi ricos.


VER MÁS

RUTA POR BARBADÁS


Dificultade técnica: Moderado

Distancia: 13,85 km

Tempo: 5 horas, 32 minutos

Inicio no campo do San Alberte nas Lamas (A Valenzá), As Airas, Sobrado do Bispo, Bentraces, Pontón, Barbadás, A Valenzá, As Lamas.


VER MÁS
Powered by Wikiloc
Powered by Wikiloc

A VALENZÁ-A BOTOUREIRA


Dificultade técnica: Moderado

Distancia: 6,77 km

Tempo: 1 hora, 37 minutos

Dende A Valenzá ata A Botoureira por O Pontón.


VER MÁS

A VALENZÁ - CELANOVA


Dificultade técnica: Moderada

Distancia: 33,85 km

Tempo: 9 horas, 26 minutos

Ruta agradable con bastante desnivel pero alcanzable. Mágoa que os últimos quilómetros fanse polo arcén da nacional. Polo demais é preciosa.


VER MÁS
Powered by Wikiloc
Powered by Wikiloc

FERVENZA DE BARBADÁS


Dificultade técnica: Fácil

Distancia: 2,67 km

Paseo ás fervenzas xunto á aldea abandonada.


VER MÁS