Parroquias

O concello de Barbadás está formado por 6 parroquias:

  • Barbadás: san Xoán. Está formada polas localidades de: O Alto do Pontón, Barbadás, Cimadevila, Os Fornos, Os Muíños, O Pontón e San Amaro.
  • Bentraces: san Xoán.
  • Loiro: san Martiño. Está, xunto a Bentraces, situada na N-540, estrada que une Ourense con Portugal pasando por Celanova e Bande.
  • Piñor: san Lourenzo. Está formada polas localidades de: A Barxa, Cabeza de Vaca, A Parada, O Piñeiro, A Pipileira, As Quintas, Requeixo, Roma e Santa Uxía.
  • Sobrado do Bispo: santa María.
  • A Valenzá: san Bernabeu. Está formada polas localidades de: As Lamas, A Valenzá e Vilaescusa. É o núcleo máis poboado e moderno do concello.

O concello de Barbadás atópase na comarca de Ourense.