O TANGARAÑO

O TANGARAÑO DE BARBADÁS


O Tangaraño
Penedo Vigón e O Enganido

No Monte de san Bieito de Cova do Lobo, en San Lourenzo de Piñor,
hai unha roca que serve como excepcional miradoiro sobre a cidade de Ourense e é moi visitado durante a romaría de San Bieito de Cova do Lobo.
O Tangaraño é un xigantesco penedo, un típico bolo granítico de moitos metros de diámetro asentado encima doutros penedos,
de maneira que se pode pasar por baixo del agachado.
Dentro, nun recuncho, hai unha pequena cavidade na roca que sempre ten auga.

Adxudícanselle propiedades curativas, sobre todo para enfermidades da pel:
as verrugas, tumores, bocio, feridas e raquitismo dos nenos (enfermidade coñecida como tangaraño).

Lenda
Aos nenos entangarañados teñen que pasalos tres mulleres polo buraco da Pedra do Tangaraño.
Quítanlle a roupa vella ao neno e pásano de fóra a dentro do penedo por encima do charco de auga.
Logo visten ao neno con roupa nova, abandonando alí as que levaba postas, facendo tiras coa roupa vella e deixándoa atada nas ramas de camiño ao templo.

O nome de San Bieito de Cova do Lobo vén da crenza de que o mesmo San Bieito
andaba fuxindo por aqueles montes e escondeuse nunha cova do lobo.


Localización
Coordenadas: 42.315931, -7.903457

MÁIS FOTOS